martes, 3 de marzo de 2020

Los estereotipos de género en la publicidad


     Durante este curso decidimos traballar co primeiro ciclo de ESO os estereotipos de xénero na publicidade dende a materia de Lingua Castelá e Literatura. 

     Entrando nesta ligazón accederás ó cuestionario para avaliar o resultado desta actividade.

     A nosa pretensión foi facer ver ao alumnado como as imaxes que proxectan os medios de comunicación sobre que significa ser home ou muller son moi estereotipadas, isto é, obedecen a ideas fixas e antigas sobre as mulleres e os homes que se seguen aplicando á comprensión da realidade, polo que supoñen unha gran limitación para a liberdade das persoas. 


     A nosa mensaxe é que hai moitas formas de ser polo que encaixar ás persoas nestes moldes é limitante. Por outra banda, estes "moldes" están configurados dun xeito no que as que son catalogadas como mulleres son situadas nunha situación de clara desvantaxe social.

     Despois de aprender a ver eses estereotipos nas imaxes publicitarias, procedemos a cuestionalos para que así as novas xeracións das nosas aulas amplíen a súa percepción do que supón ser muller ou home no século XXI e que ningún deles/as teña que padecer un sometemento ó outro polo mero feito de nacer cuns xenitais ou outros.

     Velaquí as reflexións sobre as imaxes publicitarias que realizou o alumnado.